viernes, 25 de febrero de 2011

Organización da nosa BiblioRía

Aquí vos amosamos, en liñas xerais, como é a distribución da nosa BiblioRía.
A biblioteca está organizada en distintas zonas, para facilitar a lectura e consulta individual, traballos en grupo, lectura relaxada ou escoita , acceso a internet, celebración de actos en grande grupo como recibir a un escritor, ilustrador ou conferenciante.
Os fondos témolos clasificados según a CDU: Clasificación Decimal Universal, e según este sistema de clasificación, cada número corresponde a unha materia de coñecemento. Tamén a cada número e materia de coñecemento correspóndelle unha cor, según a adaptación da CDU feita por Bibliotecas Escolares de Galicia, para facilitar a adaptación dos nenos e nenas a esta clasificación que é a que se utiliza en todas as bibliotecas.
Os distintos andeis están sinalizados pola cor e o carteliño indicador do número correspondente á CDU colocado enriba.
A Literatura témola separada por idades, e dentro dos andeis está ordenada por editoriais, seguindo a orde alfabética das mesmas de arriba a abaixo.
O acceso a internet faise desde dous ordenadores, ademáis do adicado á xestión administrativa da biblioteca.
Contamos con canón de vídeo e pantalla extensible, así como altavoces e micrófono sen fío.
A zona audiovisual conta con televisor, lector de DVD e radio CD.

No hay comentarios:

Publicar un comentario