miércoles, 30 de marzo de 2011

Día Mundial do Teatro 2011 (II)

Seguimos coas actividades de animación á lectura na nosa BiblioRía. Hoxe lle tocou o turno ao alumnado de 2ºA que representou a obra teatral "A ratiña bambeada", adaptada pola súa mestra Carmen. Os espectadores que puideron disfrutar da historia foros os alumnos e alumnas de educación infantil.
Sobre as 12:30 horas da maña, comezou a función; os nenos e nenas de 2ºA estaban un poquiño nerviosos antes de comezar pero, cando a mestra Carmen presentou a obra, todo saíu moi ben e recibiron, ao rematar, os aplausos dos seus compañeir@s e as felicitacións do profesorado alí presente.
... ATA MAÑÁ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario