sábado, 13 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

Aquí vos amosamos o cartel das Bibliotecas Escolares deste ano...
 ... e vos deixamos co artigo publicado na súa páxina oficial.

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. 
As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa. Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario