martes, 4 de junio de 2013

Semana cultural: Exposición de Educación Infantil

Tal e como comentabamos nunha entrada anterior deste blog, durante toda esta semana levaremos a cabo na escola a "Semana Cultural", un percorrido por todos os países e as investigacións levadas a cabo por cada unha das aulas do colexio.
O inicio desta actividade comezou co alumnado de educación infantil. Así, os nenos e nenas de educación infantil da escola expuseron todo o investigado sobre o Congo ao alumnado de 6º de primaria.
Grazas á súa exposición, os nenos/as maiores puideron coñecer a situación no mapa da República Democrática do Congo, a bandeira, a moeda, as linguas que alí se falan,... así como descubrir a infinidade de animais que atopamos na sabana.
Doutra banda, lles contaron datos variados sobre o conto que traballaron: información da cuberta, autor, conto adaptado,...
Se queredes seguir descubrindo as outras exposicións que se levan a cabo nesta Semana Cultural, non deixedes de visitar este blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario