viernes, 19 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS !!


Como ben sabedes,  levamos uns días de festa no Ría. 
O mércores o festival dos máis meniños e un teatro de sombras, o xoves  o festival dos maiores, a xocolatada e a visita de Papá Noel e, o venres, rematamos cunha xornada estupenda no "Circo do Nadal".
Podedes ver as fotos na páxina web do colexio e no blogue da ANPA!
Dende a BiblioRía queremos desexarvos a todos/as  que pasedes unhas felices festas e que tiñades unhas 
FELICES LECTURAS!!
Vémonos o próximo ano con moitas sorpresas !!!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

LIBROS PARA AGASALLAR NO NADAL

Dende a BiblioRía, como todos os anos por estas datas, os titores/as fixeron unha selección de dous libros, uno en galego e outro en castelán.
Falamos con diversas editoriais, e ofreceron sesións de animación á lectura (encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros recomendados.

 Pareceunos unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.


Empezaremos a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal,

Grazas  aos pais e nais pola colaboración.

Premede na foto para ver os libros recomendados:
http://issuu.com/biblioria2014/docs/librosparaagasallarnonadal/1



martes, 16 de diciembre de 2014

OBRADOIRO DE NADAL NA BIBLIORÍA

O día 15 e  16 tivo lugar na BiblioRía un precioso "Obradoiro de Nadal".
Cada neno/a podía coller un debuxo,  pintalo e decoralo como quixera, poñéndolle despois unha tiriña para colgalo da árbore da súa casa. 
Tamén podían poñer unha mensaxe de Nadal en cada adorno.
Habilitáronse dúas mesas para poñer todo o material necesario: purpurina, ceras, gomets, goma eva...etc.
Non paraban de chegar nenos/as. 
O obradoiro foi todo un éxito!!!
Mirade as fotos!

viernes, 12 de diciembre de 2014

CENTENARIO DE "PLATERO Y YO"

  'Platero y yo', nuevo 'doodle' de Google
"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro".

Platero, O burriño blanco nacido da pluma de Juan Ramón Jiménez, cumple agora cen anos  cun  'doodle' na páxina principal do buscador más usado de internet.
É un dos libros máis traducidos, só superado pola Biblia e "Don  Quijote de la Mancha" .
 A obra máis coñecida deste autor foi lida en centenares de escolas entre xóvenes que aprenderon grazas a ela o que era la prosa poética mentres descubrían cómo Platero paseaba polos campos de Moguer (Huelva), xogaba cos nenos e correteaba polos campos, con minuciosas explicaciones casi poéticas ó longo de 138 capítulos. E iso que o autor explicou en máis dunha ocasión que non era un libro escrito para nenos, senón "escollido para os nenos". 
Hoxe celébranse moitos actos que conmemoran o centenario. A alcaldesa de Madrid descubrirá unha placa  conmemorativa. Ademais varios artistas rendirán unha homenaxe en varias disciplinas. 
FELICIDADES PELUDO!

viernes, 5 de diciembre de 2014

COÑECENDO A ARTE DA NOSA CIDADE

 Fai uns días, os nenos e nenas de 5º e 6º cursos, aproveitando   unha saída ó Auditorio de Caixa Nova ( tedes a información completa na páxina web do colexio), visitaron algúns monumentos relacionados co proxecto que se está a desenvolver no colexio neste curso, titulado " LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".
Aquí tedes algunhas fotos:

sábado, 22 de noviembre de 2014

GASPAR VISITA AS AULAS COA SÚA MALETA CHEA DE COUSAS SORPRENDENTES!

 Como xa sabedes, este verán Gaspar  estivo preto das nosas casas e descubríu que a arte non só está nos museos; deste xeito, deunos unhas pistas para ver se adiviñábamos o tema deste curso. Como os nenos/as do Ría de Vigo son moi listos, enseguida souperon que este curso traballaríamos 
"A ARTE QUE NOS RODEA".
Esta semana Gaspar chegou ás aulas acompañado da súa maleta e trouxo nela moitas sorpresas: propúxonos traballar a arte dunha etapa da historia diferente: 
 Infantil: prehistoria: paleolítico e neolítico
 1º curso:  prehistoria: A Idade dos Metais.
 2º curso: Idade Antiga
 3º curso. Idade Media
 4º curso: Idade Moderna.
 5º e 6º cursos: a Idade Contemporánea.
 Na maleta tamén atopamos un caderno de arte, un libro, un mapa enorme e un dossier informativo para os mestres/as.
Cantas cousas!!!!
E  agora, xa sabedes!........  a investigar sobre a arte que nos rodea!!!!
Aquí tedes as fotos:

jueves, 20 de noviembre de 2014

XOGAR E APRENDER CO ORDENADOR NOS RECREOS

Esta semana, na biblioRía contamos cunha novidade:
Unha serie de doce C.D para xogar no ordenador,  que os nenos/as poden empregar nos recreos na Biblioteca.
Ademais de pasalo ben, aprenderedes moito!!
Esperamos que vos gusten!!


domingo, 9 de noviembre de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 7 e 8 de novembro tiveron lugar en Santiago as  
V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.  
Houbo conferencias e mesas de experiencias moi interesantes, na que algúns colexios presentaron as súas actividades e proxectos.
Do Ría de Vigo acudimos catro mestras do Equipo de Biblioteca, que chegamos cheas de enerxía e ideas para traballar na nosa BiblioRía.
O lema elixido por Bibliotecas escolares para este curso 2014/2015 é Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor.
Próximamente, dentro da BiblioRía haberá unha exposición de libros e material relacionado coas     Matemáticas.
Aquí tedes o programa das Xornadas de Bbliotecas escolares

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/progrma_14_15.pdf

miércoles, 29 de octubre de 2014

ANDAINA DOS LIBROS DIXITAIS

Hoxe, día 29 de outubro, empezou a andaina dos  primeiros libros dixitais da BiblioRía.
Os nenos/as de 5º e 6º cursos foron os privilexiados para levalos en préstamo durante unha semana.
Fixemos unha selección de lecturas enmarcadas en diferentes categorías: Conto, poesía, misterio e aventuras. 
Xunto co e-book levaron un libriño cos resumos dos libros  e un  tríptico-guía de uso.
Candela de 5º curso e César de 6º curso foron os primeiros en levar o e-book á súa casa.
Aquí tedes as fotos!
Boa viaxe e boas lecturas!!

viernes, 24 de octubre de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA

Hoxe, día 24 , como xa sabedes, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e, aproveitamos a ocasión para inaugurar a nosa Biblioteca.
Cada curso foi baixando á  biblioteca na hora sinalada no programa:



Como vedes, fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar.
"LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".

Ao final, entregamos un agasallo de gominola, un marcapáxinas cunha poesía de Gloria Fuertes e uns libriños de fomento á lectura.
Tamén fixemos entrega aos encargados de biblioteca de 6º curso dos distintivos e da guía de axudantes.

Aquí tedes o precioso conto e o marcapáxinas cunha poesía de Gloria Fuertes, traducidos ámbolos dous ao Galego. Tamén ensinámosvos os vídeos e as fotos en dúas presentacións: unha para as actividades de todos os cursos e outra para a entrega das mochilas viaxeiras e a presentación dos axudantes do 6º curso.





miércoles, 22 de octubre de 2014

AS NOVAS DE GASPAR CHEGAN ÁS AULAS

Como todos os anos por estas datas, ten lugar a reapertura da nosa BiblioRía. E, como todos os anos, coincide co Día das Bibliotecas Escolares, que terá lugar mañá, venres, 24 de outubro.
Así, Gaspar xa comezou a mandar cartas polas aulas dando pistas do tema que traballaremos durante este curso.
Xa no mes de setembro, recibimos esta primeira carta:
 E fai pouquiños días, esta outra:
 Como o alumnado da nosa escola é moi cumpridor, saiu aos corredores para descubrir as siluetas-debuxos que estaban alí pegados. Entre todos e todas estiveron a pensar que poderían ser aquelas formas que estabamos a mirar e, pouco a pouco, foron dando diferentes respostas.
Así, xurdiron moitísimas e variadas ideas: 

 

Posteriormente, ao carón destas siluetas, apareceron as imaxes que representaban, algunhas moi coñecidas por todos nós.
Doutra banda, estamos a decorar nas aulas os libriños que enviou Gaspar e, dentro de pouco, poderedes ver o resultado.

Mañá, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da BiblioRía así que estade moi atentos e atentas ás novas que contaremos neste blog.

martes, 21 de octubre de 2014

GASPAR INFORMA....

Ola a todos e todas! aquí estamos de novo un curso máis!
Gaspar está por aquí pegando chimpos de ledicia de pensar estar un curso máis na BiblioRía.
Como xa sabedes é moi viaxeiro, pero este verán non marchou lonxe, como noutras ocasións. pasouno moi ben! vivíu cantidade de aventuras e descubríu cantidade de cousas preto do colexio que nunca as mirara.
Na aula xa recibiron dúas cartas de Gaspar dando pistas sobre o tema deste ano....... "Mirade con atención as cousas que tendes máis pretiño de vós, a arte non se atopa só nos museos" díxonos.
Tamén colocou  unhas siluetas nos corredores que non sabemos que pode ser. Qué intrigados estamos!!!Haberá que pensar moito!
O día 24, na inauguración da Biblioteca, desvelarase o misterio.
                                            ATA PRONTO!!!!

miércoles, 25 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS

Despedímonos deste curso e tamén de ANA MARÍA MATUTE, que tristemente acabamos de enterarnos do seu pasamento.
Ana María Matute Ausejo( Barcelona, 26 de julio de 1925- 25 julio del 2014 ). foi unha novelista membro da Real Academia Española, onde ocupaba o asento K e a terceira muller que recibíu o Premio Cervantes en 2010. Matute foi unha das voces máis persoais da Literatura Española do século XX e, é considerada por moitos como unha das mellores novelistas da posguerra española. 
Entre as súas obras detacan : " Los Abel", "Los hijos muertos", " La torre vigía", 2 El río", "Olvidado rey Gurú e "Paraíso inhabitado".
Xa por este curso só queda desexarvos un bó verán.
grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
A volta xa estará Gaspar agardando por nós e, de seguro, que terá preparadas novas e divertidas aventuras.

ENTREGA DE DSITINTIVOS AOS AXUDANTES DA BIBLIORÍA


 O Día do festival  despedimos na BiblioRía aos nenos e nenas de 6º , que durante todo o curso encargáronse das tarefas de Biblioteca nos recreos. 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA DEDICACIÓN
E MOITA SORTE COA NOVA ETAPA QUE COMEZADES!!
 

FESTIVAL FIN DE CURSO - SEGUNDA PARTE-

Seguimos coa segunda parte da festa!
 Chegou o día das actuacións do segundo e terceiro ciclos. 
Tal e como fixeron os nenos e nenas máis pequenos onte, hoxe fixemos da festa unha mostra de parte do traballado ao redor do proxecto da Biblioteca " lendo con arte", que xa ben coñecedes. 
Na aula de 3º curso adaptaron o libro que estiveron traballando durante todo o curso titulado " Las siete caras del señor Grunt, de Ana Alonso para representalo cunha obriña de teatro que retitularon
" As seis caras do Gran señor". 
 A continuación  fixemos unha pequena homenaxe a unha alumna do colexio, LARA CASTRO TABOADA, de 5º curso, polo 2º premio recibido no Certame Literario do Concello de Outes por 3º ano consecutivo, cun poema precioso que recitou para todos nós.
En 4º curso centráronse nunha obra dun dos pintores galegos máis coñecidos Laxeiro. Mostráronnos ao seu xeito o cadro " O trasmundo".
O alumnado de 5º curso ampliou a presentación feita no Nadal do cadro da súa aula " El Guernica", cunha explicación acompañada de música.

Despois, os alumnos e alumnas de 6º traballaron durante todo o curso o pintor Monet: paisaxes, natureza, tranquilidade, cores....co cadro 
" La terraza de Sainte-Adresse" .
Por último, tivo lugar a graduación dos nenos de 6º, que rematan a etapa no Ría e comezan outra nova no instituto.
 Sorte para todos e todas!!
 Botarémosvos moito de menos.

domingo, 22 de junio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO - PRIMEIRA PARTE-

O curso xa está a piques de rematar e aquí  estamos, coma sempre, metidos en danzas para celebralo.
 Como este curso andivemos  a trafegar no mundo da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están feitos uns artistas!
Así o están a demostrar  neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”,  e nos contaron tódolos pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes  que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezaron recitando un poema que  resumía a vida de Van Gogh.
A continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música:  “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos  coa canción “Happy” de  Pharrell Williams fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a Primaria. Norabóa!

miércoles, 18 de junio de 2014

MERCADIÑO DE LIBROS

Onte, luns 16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO DE LIBROS.

Os postos de "troco de libros por lecturas” puxéronse á sombra das árbores do patio. ( Do liquidambar e do plátano de sombra, mais concretamente).

A hora de apertura estaba programada para as 12:30h., así que en canto tocou o timbre, ao remate do recreo,  os nenos e nenas  xa sabían que íamos cambiar a “hora de ler” polo mercadiño. Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono,  e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíanse polo libro ou libros  que querían levar.

O mais fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría e o orden  con que o fixeron e, sobre todo, a espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente,se  puxeron inmediatamente a ler sentados na herba polos recunchos do patio.

Foi unha fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta  soleada mañá de xuño!

Non vos perdades as fotos. Falan por si soas!!!

domingo, 15 de junio de 2014

Gañadores da VIII Edición dos Premios Espiral Edublogs

Onte, 14 de xuño de 2014, tivo lugar a entrega de Premios Espiral Edublog. Lamentablemente, este ano non tivemos sorte pero queremos felicitar aos blogs gañadores polo seu estupendo traballo e por este premio tan merecido.

Parabéns para todos e todas!!!

Os blogs premiados pola categoría de BLOGS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES foron os seguintes:

Podedes consultar a listaxe completa de gañadores en cada unha das categorías premendo na seguinte ligazón:

viernes, 13 de junio de 2014

O COLEXIO CONVERTEUSE NUN MUSEO

Neste curso, os corredores enchéronse de arte, converténdose nun museo.
Por unha banda, temos cadros que nos trouxo o profesor Carlos do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, copias de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas.
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira, Inglés, como nas de Arte en Inglés nos grupos Plurilingües e Bilingües. Cada curso traballou en lingua inglesa técnicas pictóricas diversas nun principio. Posteriormente, cada curso de Educación Primaria centrouse nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada un destes cadros pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum”.
Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:
KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho".
PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
MUNCH- " El grito".
CÉZANNE- "Autorretrato".
ARCIMBOLDO- " Las estaciones".
VELAZQUEZ- " Las meninas".
LAXEIRO- " O trasmundo".
PICASSO- " El Guernica".
MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"

Hoxe tedes dúas reportaxes gráficas: Na primeira podedes ver os cadros prestados ó colexio e na segunda   as obras de arte feitas polos nenos e nenas do colexio.



 


miércoles, 4 de junio de 2014

EUROPA Á CARTA

O luns, día 2 de Xuño, tivemos o terceiro e último obradoiro do proxecto COCIÑANDO CONTOS.
Nesta ocasión foi para o alumnado de 4º de E. Primaria e resultuo igualmente interesante e divertido.
Distribuídos en cinco grupos de cinco nenos e nenas, Cristina, a monitora de OQO editora, comezou presentándolle un mapa de Europa e a continuación imaxes de comidas que correspondían a distintos  países: España, Francia, Italia, Polonia e Portugal. Coñecíamos o nome de moitas comidas, sobre todo do noso país, aínda que tamén de Italia, Francia e Portugal.
Logo comeza o xogo, clasificar as fotos das comidas e saber de que país son, elaborar un menú para un restaurante, ao que lle teñen que buscar un nome que teña  algo que ver co país, poñerlle precio ao menú e facer unha promoción.
Por último cada grupo expuxo aos demaís o seu traballo facendo razoamentos sobre os prezos.
O obradoiro foi todo un éxito que lles deu a oportunidade de traballar unha chea de conceptos sociais, matemáticos e gastronómicos dun xeito divertido.
Unha vez máis, grazas Cristina, e tamén grazas a OQO editora e ao Concello de Vigo por este proxecto.



jueves, 29 de mayo de 2014

ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO


No mes de xuño temos programadas as seguintes actividades:

DÍA 5- CONTARTE- EDITORIAL OKO - 4º DE PRIMARIA- 10:30

DÍA 13- MERCADIÑO DE LIBROS. 

DÍA 19- FESTIVAL CULTURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E  1º CICLO

DÍA 20- FESTIVAL CULTURAL 2º E 3º CICLOS.



viernes, 23 de mayo de 2014

FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO

O venres, día 16 de maio, presentouse na Casa Galega da Cultura, a FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO, que terá lugar na praza de Compostela, entre os días 23 de maio e o 1 de xuño e que, unha vez máis, contará coa presenza das dúas bibliotecas públicas da cidade: A "Biblioteca Pública  Juan Compañel" e a "Biblioteca Municipal Neira Vilas".
A feira, organizada pola Federación de libreiros de Galicia, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
A inauguración terá lugar o día 23 de maio, ás 12:30 horas, co pregón a cargo do escritor PEDRO FEIJÓO
Este certame, o máis antigo de Galicia, despois da feira da Coruña, vense celebrando tradicionalmente o principios do mes de xullo. Este ano cambiouse a data coa intención de que haxa maior afluencia de público e expositores e así poder implicar tamén á Comunidade escolar.
Sabedes que o prezo dos libros teñen un 10 % de desconto na feira??
Pois ánimo e disfrutade do pracer da lectura!!
Se queredes mirar o programa premede no seguinte enlace e, na parte de abaixo, atoparedes o arquivo en formato pdf.

CONTACONTOS " SARABELA"



O día 21 de  maio, tivemos a grata sorpresa de contar con   Nati,  ou Nati Natillas, do grupo de teatro “Sarabela”, que nos trouxo á biblioteca a editorial Everest, e que nos deleitou con duas sesión de contacontos.

A primeira sesión, as 10:20 de mañá, foi para os nenos e nenas de E. Infantil, o ciclo completo. Setenta e cinco nenos e nenas espectantes por ver que lles podía contar de novo aquela moza que os agardaba na biblioteca.

Nati ten un amigo que se chama Emilio, que é cociñeiro, e mentres fai as comidas a xente pasa pola cociña e cóntalle historias, despois Emilio cóntallas a Nati e así é como ela nolas pode contar a nos.

A primeira historia era dun can chamado Nico, que vivía nunha granxa de ovellas, pero pola noite non podía durmir, ate que a súa irmá Nica lle propuxo que contase ovellas, como fan os humanos.

A continuación contounos unha historia de unha viaxe de Emilio a África, que coñeceu a tribo dos “Mangala”, aprendemos una canción africana e descubrimos como apareceron os animais da selva.

E como os nenos e nenas querían máis, Nati compraceunos contándolles outro conto  africano titulado “Os tres moniños”, que se parecía moito aos 3 porquiños.

Foi unha sesión estupenda onde os pequenos do cole participaron interactuando e colaborando en todo aquilo que  a contacontos lles pedía.
        Estiveron moi atentos non so á narración, senón a esa magnífica    expresión corporal coa que Nati  acompañaba cada historia. 
 


A segunda sesión foi ás 11:10h  para o 2º ciclo de Primaria, ou sexa para 3º e 4º. Nesta sesión foi tamén Nati quen nos contou as historias que lle  contou Emilio mentras cociñaba.
Contoulle unha historia que ten presente sempre que cociña, para non esquecerse de botar sal as comidas que fai na súa cociña.
A historia trata dun rei que expulsou a súa filla do reino porque lle botou sal na comida; despois dun tempo, decatouse da importancia que ten o sal, porque sen esas pedriñas pequenas as comidas non teñen sabor; de este xeito pediulle perdón  a súa filla e dende aquel momento empezou a valorar máis as cousas pequenas coma o sal.
 Por último, contounos  unha historia do Kiwi, un paxaro de Nueva Zelanda, que foi o único animal que axudou ao rei a salvar os bosques de Nueva Zelanda, que estaban sendo destruídos polos vermes;  por isto éste animal é moi valorado e querido no seu país.
Despedímonos de Nati agradecéndolle o bo momento que nos fixo pasar e invitándoa a vir noutro momento a contarnos máis historias.
Para rematar, escribíu no "libro de Bitácora"e  os nenos e nenas entregáronlle o noso marcapáxinas.