martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO E DO APADRIÑAMENTO LECTOR

Como o día do libro foi o día 23, sábado, no colexio decidimos celebralo o luns, día 25.
Tivemos un pequeno acto no ximnasio, presentado por unha alumna e un alumno de 6º curso, no que lembramos porqué se celebra o día do libro e fixemos especial mención á vida de Cervantes, por ser este o IV centenario da súa morte. Miramos dous vídeos, un sobre a lectura e outro sobre a vida de Miguel de Cervantes.
Ao rematar fixemos tivemos unha xornada  de apadriñamento lector baixo o lema " Ao aire, libro". Cada  afillado/a foi a praia acompañado do seu padriño ou madriña que lle leu un conto. Despois da lectura, fíxose a entrega dos marcapáxinas personalizados que cada neno diseñou para os seus padriños e afillados. Máis tarde merendaron  e  xogaron un pouco,  entre varios nenos e nenas fixeron unha figura estupenda na area con forma do golfiño Gaspar, que, como sabedes, é a mascota da biblioteca. 
 Por último entregámoslle a cada neno/a un agasallo de gominola de Gaspar e outro con forma de corazón, por ser un día de moooitas emocións.
Rematamos esta xornada agotados pero moi contentos. Pasámolo moi ben!
Aquí tedes os vídeos que puxemos e as fotos deste día tan bonito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario