viernes, 28 de octubre de 2016

APERTURA DA NOSA BIBLIO. INAUGURACIÓN

Por fin! 
Hoxe é o gran día. 
Xa podemos ir a Biblioteca.
 Xa podemos mergullarnos nun montón de aventuras. Gaspar mandounos unha invitación para asistir á festa da "Biblio". Mirade que chula!
Durante todo o día Gaspar recibíu a todos os nenos e nenas do colexio na biblioteca, para lembrarlles as normas xerais e iniciar o proxecto deste curso " AS MARABILLAS DO MUNDO". 
Miramos un Powert Point no que a nosa mascota contounos cousas moi interesantes. Rematamos cunha canción moi bonita titulada 
" Vamos a leer",  cun agasallo de gominola e un marcapáxinas moi especial, que ten no seu reverso un extracto do pregón que a nosa escritora Ledicia Costas tiña preparado para hoxe, por ser O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Os mestres e mestras tamén recibiron un agasallo moi especial, feito polo equipo de biblioteca, un marcapáxinas con forma de Gaspar. Por último, os nenos e nenas de 6º curso que son axudantes de biblioteca, recibiron os seus distintivos e un agasallo dun caderno de viaxe, para anotar as súas experiencias.
Aquí tedes as fotos e a canción!!! 
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES A TODOS E TODAS!!
APERTURA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario